18 nov 2019
RADIO NA BIBLIO
Con motivo do Magosto o alumnado de 6º curso realizou un programa especial dedicado a esta festa tan tradicional no noso colexio.
13 nov 2019
E agora O MAGOSTO!!!
No mes de novembro sempre celebramos a nosa Festa do Magosto
Estaba programada para o luns 11, DÍA DO SAN MARTIÑO, pero como deron mal tempo para toda a semana, decidimos celebrala hoxe no pavillón polideportivo do colexio facendo os xa tradicionais xogos e comendo castañas.
No primeiro turno participaron nos xogos todo o alumnado de Primaria, despois degustamos todos xuntos as ricas castañas asadas e por último foi o turno dos xogos para o alumnado de Infantil.
Fixemos unha pequena reportaxe fotográfica da Festa que queda recollida no seguinte vídeo:
31 oct 2019
CHEGOU O SAMAÍN 2019
Contacontos na Bibliosoños para o alumnado de Infantil
a cargo das nais de Alex e Sara
de 6º de Infantil,
da mestra Cristina e
do mestre Dani
a cargo das nais de Alex e Sara
de 6º de Infantil,
da mestra Cristina e
do mestre Dani
15 nov 2018
MAGOSTO no colexio
Neste precioso día de outono fixemos o xa tradicional MAGOSTO no noso colexio.
As nenas e nenos trouxeron un montón de castañas que Antonio e Lorenzo asaron con moito esmero e logo degustamos todos xuntos.
Logo de comer e beber fixemos 9 grupos (con nenas e nenos de diferentes cursos) para xogar ao Relevo de Castañas, Petanca, Castagolf, Castaña Cega, Mariola, Comecastañas, Pescacastañas, Castaña Dance e Laberinto.
NO SEGUINTE VÍDEO PODEMOS VER UN RESUMO DA FESTA
8 nov 2018
Exposicións dos REFRÁNS DE OUTONO
Rematado o prazo para traer os traballos da procura de REFRÁNS DO OUTONO, que convocou o Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) e maila Biblioteca Escolar, agora toca ver a exposicións dos mesmos.
Temos que felicitar ás nenas e nenos que participaron pois fixeronno moi ben!
1 nov 2018
Celebramos o Samaín
O alumnado de Infantil, 1º e 2º curso, para celebrar o Samaín, fixeron moitos traballos nas aulas e tamén en colaboración coas familias.
No seguinte vídeo podemos ver os mesmos e tamén a sesión de contos na biblioteca e a festa no ximnasio do alumnado de Infantil.
30 oct 2018
Para traballar en familia
26 oct 2018
CANCIÓNS E VÍDEOS PARA O SAMAÍN
25 oct 2018
23 oct 2018
VÍDEOS CONMEMORATIVOS
Para conmemorar o Día da Biblioteca Escolar elaboramos uns vídeos que combinan poesía, música e linguaxes diversas (debuxo, linguaxe con pictogramas, linguaxe de signos).
4º curso, POEMA: OUTONO de Xoán Neira
5º curso, POEMA: O MAGOSTO de Xoán Neira
6º curso, POEMA: O RATO DE BIBLIOTECA de Xoán Neira.
4 oct 2018
Un poema para o OUTONO
PROPOSTA DA BIBLIOSOÑOS
· Buscar ou crear un POEMA relacionado
coa estación do outono, en galego.
· Escribilo e decoralo en medio
folio sentido vertical. Pola parte traseira escribiremos o nome, apelidos e
curso.
· Entregarllo á vosa titora ou
titor antes do mércores 17 de outubro.
· Exporase no recuncho das
exposicións.
· Os participantes recibirán un
agasallo da Biblioteca.
15 nov 2017
Celebramos o MAGOSTO
Despois de ter que aplazar a celebración do noso magosto por mor do mal tempo, o martes, 14 de novembro, despois do recreo, poidemos disfrutar desta festa tan arraigada no noso colexio.
Comezamos facendo un circuito de estacións de xogos, coordinados pola mestra de Educación Física, Eva Martínez:
- Relevo de castañas
- Petanca
- Castañagolf
- Culleradas de castañas
- Castaña cega
- Mariola
- Comecastañas
- Pescacastañas
- Castaña Dance
- Laberinto
O alumnado agrupouse en 10 equipos de 16 nenos e nenas cada un, de todas as idades e cursos. Os maiores axudaron aos máis pequenos e pequenas e pasaron unha xornada moi divertida e de moita cooperación entre eles.
Despois tivemos o degustación das castañas asadas como todos os anos polo noso conserxe Enrique e coa colaboración especial de exprofesor do centro, Antonio Ferreiro.
Moitas grazas polo seu traballo ben feito!
1 nov 2017
Unha torta de Samaín
Para ver esta presentación primeiro agranda o Genially, despois pasa o rato por riba dos iconos e dos números.
31 oct 2017
Que ben o pasamos no SAMAÍN!
Que ben o pasamos hoxe celebrando o SAMAÍN!
Todos os nenos e nenas de Infantil, xunto coas nosas mestras, celebramos esta festa tan especial:
Todos os nenos e nenas de Infantil, xunto coas nosas mestras, celebramos esta festa tan especial:
- Disfrazámonos terrorificamente!
- Escoitamos "CONTOS DE MEDO", contados polas mestras Cristina Freán e Rita Lamas
- Que medo, Mamá Raquel!
- Cocorico
- ¡Te aseguro que los monstruos no existen!
- Despois do recreo tivemos sesión de baile e xogos no ximnasio
Preparando o SAMAÍN en Infantil
Na mañá do martes, 31 de outubro, todo o alumnado de Infantil celebrará o Samaín con moitas actividades:
- Sesión de photocall diante do castelo cos nosos disfraces terroríficos.
- Na biblioteca haberá sesión de "contacontos de medo" a cargo das súas mestras.
- Despois do recreo, no ximnasio, terán sesión de xogos e bailes.
25 oct 2017
Preparando o SAMAÍN
Samaín, palabra gaélica, non significa máis que fin do verán, principio do inverno. Na antiga cultura céltica
o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 e
novembro, era o período máis importante do ano. Eran datas claves para reunirse nos camposantos, comer o ritual e comunal porco de samaín e
concelebrar as farradas festeiras dos guerreiros. Era a noite máis
perigosa do ano: as portas do outromundo abríanse nesas horas e as
ánimas eran quen de vir visitar este mundo e aos seus moradores: tantas
veces para render contas inacabadas.
Para afastar dos seus castros
as perigosas ánimas defuntas e errantes adoitaban poñer no alto das
muradas, ou encastradas nas paredes, as caveiras iluminadas dos inimigos
mortos en campaña. De aquí, dos ritos e crenzas célticas ao redor da
caveira, vén a tradición europea de facer caliveras na cortiza dos
melóns, ou cabazos,
ou calabazotes. Tradición que, grazas ás investigacións do profesor
galego Lopez Loureiro, sabemos que se estende por toda a antiga
xeografía céltica europea e concretamente para o caso de España, por
todas as zonas con presencia do elemento céltico ben documentado. En
Galiza atopámola en toda a súa xeografía, non faltando esta tradición en
ningunha das súas bisbarras e aportando un folclore similar aínda que
dándolles nomes diferentes: calacús polas Rías Baixas, caveiras de melón en Cedeira, calabazotes en Ortigueira, colondros en Ourense...etc.
Información obtida a través de VIEIROS DA ESCOLA
9 oct 2017
Exposición de refráns, ditos e cantigas do outono
Xa temos expostos os refráns, ditos e cantigas sobre o outono.
A proposta saiu da Bibliosoños e foron moitos os nenos e nenas que participaron con traballos moi elaborados e orixinais. Naraboa a todos os participantes!.
O día da Biblioteca, 24 de outubro, faremos un sorteo entre todos e recibirán un agasallo.
1 oct 2017
Pequena exposición de libros e procura de refráns relacionados co outono
No recuncho das exposición temos libros sobre o outono para que os podades ollar.
Tamén vos convocamos a que participedes na procura de refráns, ditos ou cantigas sobre o outono
ou cousas relacionadas co mesmo.
ou cousas relacionadas co mesmo.
Tede que facer:
- Escribilo e decoralo nun cuarto de folio.
- Pola parte traseira escribiremos o nome, apelidos e curso.
- Entregarllo á vosa titora ou titor antes do venres, 6 de outubro.
- Exporase no recuncho das exposicións.
- Os participantes entrarán no sorteo dun agasallo da biblioteca.
·
13 nov 2016
FESTA DO MAGOSTO!
O venres, 11 de novembro, Día de San MARTIÑO, fixemos un GRAN MAGOSTO no colexio.
Houbo moito canto e baile!!!, pero sobre todo houbo unhas ricas castañas asadas.
Foron feitas, ao calor do lume, por Antonio e Enrique. Son moi bos "asadores", por iso o MAGOSTO do noso colexio é o mellor de tódolos magostos.
11 nov 2016
A castaña que estoupou coa risa
Para celebrar que estamos no tempo o outono os nenos e nenas de 2º curso fixeron un excelente traballo como escritores e ilustradores, despois gravaron o conto e o resultado final é este vídeo que vos deixamos nesta entrada.
3 nov 2016
Pronto celebraremos o magosto no colexio
A palabra magosto designa unha celebración festiva e popular, tradicional en toda Galicia, organizada en torno á recollida das castañas. Aprovéitase tamén para probar o primeiro viño novo.
O magosto realizábase tradicionalmente o 1º de novembro, día de Tódolos Santos, se ben en Ourense, por maduraren máis tarde as castañas, atrasouse ata o día 11, San Martiño. Na actualidade celébrase en calquera data comprendida entre a segunda quincena de outubro e a primeira de novembro, converténdose na festa do outono por excelencia, e incorpóranse diversos alimentos, coma chourizos e outros produtos elaborados nas matanzas do porco coincidentes con estas datas. Tampouco adoitan faltar as sardiñas asadas.
No colexio xa estamos preparando moitas actividades: cancións, bailes, xogos... para facer e disfrutar dun bo magosto!!!
30 oct 2016
FESTA DO SAMAÍN
O venres, 28 de outubro, celebramos o Samaín no noso colexio.
Durante a semana fixemos actividades que nos axudaron a coñecer e aprender en que consiste esta celebración:- fixemos fichas para facer pequenos libros
- debuxamos e escribimos contos
- decoramos as portas e corredores
- elaboraron un gran castelo que enchemos de figuras monstruosas que trouxemos das nosas casas e elaboradas con materiais de refugallo coa axuda de papá e mamá
- tivemos sesión "de contos de medo" na Biblioteca coas das mestras Karen, Cristina e Angélica que nos contaron 3 contos: "A casa da miña avoa", "Onde viven os monstros" e "Carabuñas"
- rematamos o día xogando e bailando no ximnasio
24 oct 2016
Libros para o Samaín
Entramos na semana das celebracións do Día da Biblioteca, o luns 24 e O Samaín, o venres 29 de outubro.
No recuncho das exposición de libros temos unha boa colección de libros que vos animarán o Samaín.
22 oct 2016
Murais dos nenos e nenas de infantil
Os nenos e nenas de 5º de infantil, xunto coa súa mestra Ana, fixeron un gran mural do outono e quedoulles así de bonito.
Outro mural sobre o outono, nesta ocasión é o da aula de 6º de Infantil. Está feito coas follas das árbores do noso cole e que recolleron na saída da semana pasada.
Outro mural sobre o outono, nesta ocasión é o da aula de 6º de Infantil. Está feito coas follas das árbores do noso cole e que recolleron na saída da semana pasada.
17 oct 2016
Degustación de froitos do outono
As froitas conteñen moitas propiedades nutritivas (vitaminas, minerais, fibra, etc.) que axudan a manter e coidar a nosa saúde. É un dos primeiros alimentos sólidos que se lles dá aos bebés e o seu consumo diario é fundamental para o seu crecemento.
Ás veces, os nenos móstranse remisos a comer froita, ou polo menos certos tipos delas que lles resultan menos agradables e máis difíciles para comer. Con todo, é esencial que consuman todo tipo de froitas, xa que cada unha achega diferentes propiedades.
Na aula de 5 anos probamos a piña e tamén froitos secos como as noces, abelás, améndoas e cacahuetes.
12 oct 2016
O medio ambiente do noso colexio no outono
O martes, 11 de outubro, os nenos e nenas de 6º de infantil, xunto coa súa mestra Maricarmen, saíron da aula para facer unha clase moi especial.
Percorreron todo o entorno do colexio onde temos unha gran variedade de árbores.
Primeiramente recoñeceron o nome de cada únha e o do seu froito; recolleron follas e froitos caídos e por último na aula puxeron as follas a secar para dentro duns días facer un gran mural do outono.
Percorreron todo o entorno do colexio onde temos unha gran variedade de árbores.
Primeiramente recoñeceron o nome de cada únha e o do seu froito; recolleron follas e froitos caídos e por último na aula puxeron as follas a secar para dentro duns días facer un gran mural do outono.
22 sept 2016
Exposición libros do outono
Comezamos coas exposicións de libros no recuncho situado exterior da biblioteca.
Como comeza o outono os libros fan referencia a esta estación.
Como comeza o outono os libros fan referencia a esta estación.
11 nov 2015
Festa do Magosto 2015
Hoxe, día de San Martiño, e dinfrutando do bo tempo, fixemos o xa tradicional Magosto no noso colexio. Os nenos e nenas fixeron cucuruchos moi especiais, recolleron as castañas asadas por Enrique e Antonio, comeron e beberon, xogaron e pasáronno estupendamente.
No seguinte vídeo podemos ver momentos da festa.
29 oct 2015
O Samaín no noso colexio
Durante esta semana estivemos a traballar diferentes aspectos sobre o SAMAÍN.
O seguinte vídeo recolle algúns destes traballos.
1 oct 2015
Chegou o outono 2015
Coa chegada do outono no colexio aprendemos moitas cancións relacionadas con esta estación.
Podémolas atopar
Podémolas atopar
11 nov 2014
No día de San Martiño celebramos o MAGOSTO
A palabra magosto designa unha celebración festiva e popular, tradicional en toda Galicia, organizada en torno á recollida das castañas. Aprovéitase tamén para probar o primeiro viño novo.
Celébrase en calquera data comprendida entre a segunda quincena de outubro e a primeira de novembro.
REFRÁNS:
Celébrase en calquera data comprendida entre a segunda quincena de outubro e a primeira de novembro.
REFRÁNS:
- As castañas do castiñeiro hainas que asar no asadeiro.
- Castañas, noces e viño fan a ledicia de san Martiño.
- Con castañas asadas e sardiñas salgadas non hai ruín viño.
- Fíate nas castañas asadas, que se estoupan sairanche á cara.
- Non hai ruín viño con castañas asadas e sardiñas salgadas.
- Polo san Martiño, castañas e viño.
- Por san Martiño faise o magosto con castañas asadas e mosto.
- Por san Martiño faise o magosto con castañas asadas e viño ou mosto.
- Se o mes de agosto vén claro, bo magosto e bo nabo; se vén nubrado, poucas castañas e nabos furados.
10 nov 2014
Cantamos e bailamos
No outono aprendemos moitas cancións que fan referencia ás castañas, ao magosto, aos castiñeiros...
No seguinte vídeo podemos ver aos nenos e nenas de 6º de infantil cantando a canción
"A CASTAÑA NO OURIZO""
Para escoitar e aprender estas cancións clicade na imaxe
30 oct 2014
Canción do SAMAÍN
Os alumnos e alumnas de 6º curso prepararon na clase de música esta canción que podemos ver no seguinte vídeo.
28 oct 2014
Celebramos o SAMAÍN
No noso colexio celebramos o SAMAÍN.
Este ano como estamos a traballar sobre a alimentación, as nosas cabazas disfrazáronse de alimentos.22 oct 2014
Traballos no Horto Escolar
No mes de outubro os alumnos e alumnas de Infantil visitaron o noso horto escolar para recoller algúns dos produtos que plantaron na primavera: pementos, cebolas, fabas...
17 oct 2014
Visitamos os nosos castiñeiros
No tempo do outono os castiñeiros xa están cheíños de castañas e pouco a pouco van caendo os ourizos.
No tempo do recreo recollemos as castañas para despois facer o magosto.
25 sept 2014
O outono xa chegou!
Outono na cultura galega
Na sociedade tradicional galega "outono" era en moitos puntos propiamente o nome que recibía o mes de outubro, mentres a estación denomínabase nos primeiros meses primavera de outono ou verán de San Martiño para o comezo do mes de novembro.
REFRÁNS
San Migueliño das uvas maduras, moito me tardan e pouco me duran.
A horta en outono mantén o seu dono.
Outono quente trae o demo no ventre.
Polo San Miguel sabe o touciño a mel.
Outono chuvioso ano copioso.
Si en setembro empeza a chover, outono seguro é.
En setembro ou leva as pontes ou seca as fontes.
Moita flor na primavera bon outono nos espera.
A horta do San Martiño ten para el e máis para o veciño.
A horta en outono mantén o seu dono.
Outono quente trae o demo no ventre.
Polo San Miguel sabe o touciño a mel.
Outono chuvioso ano copioso.
Si en setembro empeza a chover, outono seguro é.
En setembro ou leva as pontes ou seca as fontes.
Moita flor na primavera bon outono nos espera.
A horta do San Martiño ten para el e máis para o veciño.
5 nov 2013
Murais de Infantil
No tempo do outono os nenos e nenas de Infantil, xunto coas súas profesoras,
fan uns murais ben bonitos!!!.
Na seguinte presentación pódense ver os traballos.
1 nov 2013
Festa do Magosto
E coma todos os anos, cando as castañas xa están maduras e listas para seren degustadas, no colexio preparamos a gran FESTA DO MAGOSTO.
Todo está preparado:
- o día non pode estar máis soleado
- os asadores do colexio (Eduardo e Enrique) fan as brasas para poñer as castañas a asar lentamente...
- os nenos e nenas desexosos de encher os seus cucuruchos
- as profesoras e profesores organizan as filas e buscan o mellor sitio para a degustación
- e así rematamos o mes de outubro, que despois da gran ponte de Santos, traeranos o largo mes de Novembro.
29 oct 2013
Cabazas polo Samaín
Coma en anos anteriores, fixemos dúas exposición de cabazas disfrazadas, unha de Infantil e outra de Primaria.
Este ano as cabazas foron ata o Antigo Exipto e convertéronse en faraóns, momias, deuses...
23 oct 2013
Xa temos castañas!
Os nosos castiñeiros están cheos de ourizos que empezan a caer e así todos os nenos e nenas están desexosos de recoller as castañas para logo facer a nosa festa do magosto.
A data que temos sinalada é o 30 de outubro. Seguro que o imos pasar moi ben coma todos os anos!!!
23 sept 2013
Entramos na estación do outono
15 nov 2012
Froitos do Horto Escolar
No mes de novembro recollimos os kiwis, as cenorias, as pipas do mirasol, as cabaciñas e tamén limóns.
31 oct 2012
Festa de Halloween, Samaín e Magosto
O día 31 de outubro celebramos varias festas no colexio:
- Pola mañá o Halloween e o Samaín.
- Despois do recreo comimos castañas do noso Magosto.
- Viñemos disfrados de esqueletos, bruxas, demos, cabazas... Pasámolo moi ben!
26 oct 2012
Exposición das cabazas de infantil
Para celebrar o Samaín estamos ambientando e decorando as aulas e corredores do colexio.
Aquí podemos ver a exposición que está na entrada de infantil. Cada neno e nena trouxo a súa cabaza disfrazada, este ano o tema é sobre "o mar, os piratas..."
Que ben o fixeron!!!
Xogos para o Samaín
No BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP A PEDRA DE BUEU (PONTEVEDRA) atopamos estes traballos que vos poden gustar.
UN SAMAÍN DE CONXUROS
Se te queres divertir, neste Samaín
intenta facer este LIM.
Boa sorte e que os diaños,
bruxas e curuxas te acompañen.
E para os máis pequeniños
tamén temos un traballiño.
A ver se son quen
de facelo ben.
5 oct 2012
Comemos froita fresca na escola
Este
curso volvemos a participar no programa de FROITA FRESCA PARA ESCOLARES
que pon en marcha a Consellería do Medio Rural e do Mar xunto co FOGGA
(Fondo Galego de Garantía Agraria).
Os períodos de distribución serán:
- Días: 8, 9, 10, 11 e 15 de outubro
- Días: 12, 13, 14, 15 e 16 de novembro
Traballamos no horto escolar no outono
24 sept 2012
LENDA DO OUTONO
Din contos populares toscanos que o castiñeiro ten os mesmos poderes benéficos e máxicos que o carballo. Aínda que a súa sombra da mala sorte. Ó cortares a árbore sae o demo que pode quitarlle a vida se non se lle entrega un fillo ou filla. As castañas son consideradas coma froitos funerarios, cómense a vespera do Dia dos Defuntos ou deixánse para que os mortos as coman durante a noite. Tamén temos moitas semellanzas coa tradición veneciana de comelas o día de San Martiño. As mulleres pobres acodían baixo das fiestras dos ricos a cantar unha longa canción chea de louvanzas e bos desexos, que remataba coa petición das castañas. Estas mulleres representaban ás ánimas do purgatorio. É tamén coñecido o feito de que pisar unha castaña, ó ires polo monte, fai que a persoa non teña nunca amores. É posible que iso sexa pola súa forma de corazón. Soñar con castañas crúas, é aviso de ter que facer algo urxente. De seren cocidas, é que a persoa é moi débil de carácter. Se son asadas, é un aviso de precaución.
(Recollido na páxina web do Ceip San Francisco Xabier de A Coruña)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

















