Visitas ao blog

11 nov 2014

No día de San Martiño celebramos o MAGOSTO

A palabra magosto designa unha celebración festiva e popular, tradicional en toda Galicia, organizada en torno á recollida das castañas. Aprovéitase tamén para probar o primeiro viño novo.
Celébrase en calquera data comprendida entre a segunda quincena de outubro e a primeira de novembro.

REFRÁNS:
  • As castañas do castiñeiro hainas que asar no asadeiro.
  • Castañas, noces e viño fan a ledicia de san Martiño.
  • Con castañas asadas e sardiñas salgadas non hai ruín viño.
  • Fíate nas castañas asadas, que se estoupan sairanche á cara.
  • Non hai ruín viño con castañas asadas e sardiñas salgadas.
  • Polo san Martiño, castañas e viño.
  • Por san Martiño faise o magosto con castañas asadas e mosto.
  • Por san Martiño faise o magosto con castañas asadas e viño ou mosto.
  • Se o mes de agosto vén claro, bo magosto e bo nabo; se vén nubrado, poucas castañas e nabos furados.

10 nov 2014

Cantamos e bailamos

No outono aprendemos moitas cancións que fan referencia ás castañas, ao magosto, aos castiñeiros...
 No seguinte vídeo podemos ver aos nenos e nenas de 6º de infantil cantando a canción 
"A CASTAÑA NO OURIZO""
Para escoitar e aprender estas cancións clicade na imaxe
https://sites.google.com/site/todasasestacionsdoano/outono-otono

30 oct 2014

Canción do SAMAÍN

Os alumnos e alumnas de 6º curso prepararon na clase de música esta canción que podemos ver no seguinte vídeo.


28 oct 2014

Celebramos o SAMAÍN

No noso colexio celebramos o SAMAÍN.
Este ano como estamos a traballar sobre a alimentación, as nosas cabazas disfrazáronse de alimentos.
Fixemos dúas exposicións: unha de infantil e outra de primaria.
No seguinte vídeo podemos vela e tamén escoitar como fondo musical a

DANZA MACABRA de Saint-Saëns

O SAMAÍN

22 oct 2014

Traballos no Horto Escolar

No mes de outubro os alumnos e alumnas de Infantil visitaron o noso horto escolar para recoller algúns dos produtos que plantaron na primavera: pementos, cebolas, fabas... 

17 oct 2014

Visitamos os nosos castiñeiros

No tempo do outono os castiñeiros xa están cheíños de castañas e pouco a pouco van caendo os ourizos.
No tempo do recreo recollemos as castañas para despois facer o magosto.


25 sept 2014

O outono xa chegou!


Outono na cultura galega

Na sociedade tradicional galega "outono" era en moitos puntos propiamente o nome que recibía o mes de outubro, mentres a estación denomínabase nos primeiros meses primavera de outono ou verán de San Martiño para o comezo do mes de novembro.



 REFRÁNS
San Migueliño das uvas maduras, moito me tardan e pouco me duran.

A horta en outono mantén o seu dono.


Outono quente trae o demo no ventre.

Polo San Miguel sabe o touciño a mel.

Outono chuvioso ano copioso.

Si en setembro empeza a chover, outono seguro é.

En setembro ou leva as pontes ou seca as fontes.

Moita flor na primavera bon outono nos espera.

A horta do San Martiño ten para el e máis para o veciño.