Samaín, palabra  gaélica, non significa máis que fin do verán, principio do inverno.  Na antiga cultura céltica
 o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 e 
novembro, era o período máis importante do ano. Eran  datas claves para reunirse nos camposantos, comer o ritual e comunal porco de samaín e  
concelebrar as farradas festeiras dos guerreiros. Era a noite máis 
perigosa do ano: as portas do outromundo abríanse nesas horas e as 
ánimas eran quen de vir visitar este mundo e aos seus moradores: tantas 
veces para render contas inacabadas.
Para afastar dos seus castros
 as perigosas ánimas defuntas e errantes adoitaban poñer no alto das 
muradas, ou encastradas nas paredes, as caveiras iluminadas dos inimigos
 mortos en campaña. De aquí, dos ritos e crenzas célticas  ao redor da 
caveira, vén a tradición europea de facer caliveras na cortiza dos 
melóns, ou cabazos,
 ou calabazotes. Tradición que, grazas ás investigacións do profesor 
galego Lopez Loureiro, sabemos que se estende por toda a antiga 
xeografía céltica europea e concretamente para o caso de España, por 
todas as zonas con presencia do elemento céltico ben documentado. En 
Galiza atopámola en toda a súa xeografía, non faltando esta tradición en
 ningunha das súas bisbarras  e aportando un folclore similar aínda que 
dándolles nomes diferentes: calacús polas Rías Baixas, caveiras de melón en Cedeira, calabazotes en Ortigueira, colondros en Ourense...etc. 
Información obtida a través de VIEIROS DA ESCOLA
 
No hay comentarios:
Publicar un comentario