Visitas ao blog

29 oct 2013

Cabazas polo Samaín

Coma en anos anteriores, fixemos dúas exposición de cabazas disfrazadas, unha de Infantil e outra de Primaria.
Este ano as cabazas foron ata o Antigo Exipto e convertéronse en faraóns, momias, deuses...

23 oct 2013

Xa temos castañas!

Os nosos castiñeiros están cheos de ourizos que empezan a caer e así todos os nenos e nenas están desexosos de recoller as castañas para logo facer a nosa festa do magosto. A data que temos sinalada é o 30 de outubro. Seguro que o imos pasar moi ben coma todos os anos!!!


23 sept 2013

Entramos na estación do outono

Para traballar nesta época de outono podemos atopar moita información NESTA PÁXINA    do colexio

   

15 nov 2012

Froitos do Horto Escolar

No mes de novembro recollimos os kiwis, as cenorias, as pipas do mirasol, as cabaciñas e tamén limóns.

  

31 oct 2012

Festa de Halloween, Samaín e Magosto

O día 31 de outubro celebramos varias festas no colexio:
  • Pola mañá o Halloween e o Samaín.
  • Despois do recreo comimos castañas do noso Magosto.
  • Viñemos disfrados de esqueletos, bruxas, demos, cabazas...  Pasámolo moi ben! 


26 oct 2012

Exposición das cabazas de infantil

Para celebrar o Samaín  estamos ambientando e decorando as aulas e corredores do colexio.
Aquí podemos ver a exposición que está na entrada de infantil. Cada neno e nena trouxo a súa cabaza disfrazada, este ano o tema é sobre "o mar, os piratas..."
Que ben o fixeron!!!


Xogos para o Samaín

No BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP A PEDRA DE BUEU (PONTEVEDRA) atopamos estes traballos que vos poden gustar.

UN SAMAÍN DE CONXUROS

Se te queres divertir, neste Samaín
intenta facer este LIM.
Boa sorte e que os diaños, 
bruxas e curuxas te acompañen.
E para os máis pequeniños
tamén temos un traballiño.
A ver se son quen
de facelo ben.

5 oct 2012

Comemos froita fresca na escola

Este curso volvemos a participar no programa de FROITA FRESCA PARA ESCOLARES que pon en marcha a Consellería do Medio Rural e do Mar xunto  co FOGGA (Fondo Galego de Garantía Agraria).
Os períodos de distribución serán:
  • Días: 8, 9, 10, 11 e 15 de outubro
  • Días: 12, 13, 14, 15 e 16 de novembro

Traballamos no horto escolar no outono

No outono recollemos os froitos do horto escolar.

24 sept 2012

LENDA DO OUTONO





Din contos populares toscanos que o castiñeiro ten os mesmos poderes benéficos e máxicos que o carballo. Aínda que a súa sombra da mala sorte. Ó cortares a árbore sae o demo que pode quitarlle a vida se non se lle entrega un fillo ou filla. As castañas son consideradas coma froitos funerarios, cómense a vespera do Dia dos Defuntos ou deixánse para que os mortos as coman durante a noite. Tamén temos moitas semellanzas coa tradición veneciana de comelas o día de San Martiño. As mulleres pobres acodían baixo das fiestras dos ricos a cantar unha longa canción chea de louvanzas e bos desexos, que remataba coa petición das castañas. Estas mulleres representaban ás ánimas do purgatorio. É tamén coñecido o feito de que pisar unha castaña, ó ires polo monte, fai que a persoa non teña nunca amores. É posible que iso sexa pola súa forma de corazón. Soñar con castañas crúas, é aviso de ter que facer algo urxente. De seren cocidas, é que a persoa é moi débil de carácter. Se son asadas, é un aviso de precaución.

(Recollido na páxina web do Ceip San Francisco Xabier de A Coruña)

30 oct 2011

19 nov 2009

Festa do Magosto 2009

Na festa do Magosto fixemos moitas actividades, no Blog do Coro podemos ver as actuacións.
Para os alumn@s de 2ºe 3º curso era a súa primeira actuación. Fixéronno moi ben!